jueves, 16 de febrero de 2012

           8. CONEXIÓN A INTERNET

  • Proveedor de servicios de Internet. A conexión a internet realízase a través dun Provedor de Servizos de Internet (ISP). Este provedor subministra un conxunto de datos que fan posible a configuración da conexión. Este conxunto de datos coñécese como conta de acceso a internet.
  • Tipos de contas de acceso a Internet. As contas poden ser:
    Gratuítas. Non hai que pagar ao provedor por facilitarnos esta canta. Págase só polo tempo de conexión.
    Con tarifa por franxa horaria. Ofrécense distintas tarifas en función do tempo de servizo ou do ancho de banda contratado.
    Tarifa plana. É a opción habitualmente usada nas liñas ADSL onde a tarifa dependerá da velocidade de conexión contratada, independentemente do tempo de acceso.
  • Módem e router.  Modem. É acrónimo dos termos MOdulador-DEModulador; é dicir, un dispositivo que transforma os sinais dixitais do ordenador en sinais analóxicos e viceversa.
    Router. Utilízase para a interconexión de redes de ordenadores. Por exemplo, na liña ADSL conéctase a rede do usuario (dixital) coa rede internet (dixital).
  • Tipos de conexión. Adoitan ser a través de:
    Liña analóxica a través dun modem. Hai que realizar unha conexión especificando todos os datos do provedor no equipo que ten o modem.
    Liña dixital ADSL mediante un router. O router adoita ser subministrado polo provedor previamente configurado cos datos de conexión.
    Conexión cun dispositivo móbil. É posible acceder a internet dende o móbil, PDA ou calquera outro dispositivo con conexión de telefonía móbil.
  • Conectar o router cos dispositivos. Para establecer a conexión a internet:
    1. Enchufar os cables de rede entre o router e os ordenadores e/ou o concentrador.
    2. Conectar o cable de telefonía dende o router a liña ADSL.
    3. Instalar os microfiltros nas rosetas telefónicas onde hai teléfonos.
    4. Enchufar o router á corrente eléctrica e acender.
    5. Esperar uns segundos ata que a luz ADSL do router estea acendida.
    6. As luces dos portos do router, onde se conectou algún equipo, tamén deben estar acendidas.
  • Configuración dunha conexión ADSL e comprobacións. A configuración da rede pódese realizar:
    Co illante. Pódese utilizar o disco que subministra o provedor de servizos de internet ou o illante do sistema operativo.
    Manualmente. Asignado como porta de enlace para cada ordenador a dirección IP do router.
  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título. 

viernes, 10 de febrero de 2012


7. A REDE INTERNET
  • Servicios de Internet.
    Os más destacados son:
                                                                            Navegación (Worl Wide Web). O servizo con máis éxito en internet cuxa tradución é arañeira de alcance mundial.
        Correo electrónico (@). Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios da rede situados en calquera lugar.
        Transferencia de ficheiros (FTP). Permite enviar ou recibir ficheiros entre dous ordenadores conectados á rede.
                                                                       Grupos de noticias (NEWS) é un servizo de internet que permite o acceso aos grupos de discusión, tamén chamadas grupos de noticias...
        Chat e videoconferencias (IRC). Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real.
        Outros. Ademais dos anteriores hai gran variedade de servizos dispoñibles, tales como comercio electrónico, ferramentas colaboradoras...

  • Tipos de conexión.                                                                 Os máis importantes son:

    Liña telefónica. Utilizan o cable do teléfono tradicional, podendo ser:
    Liñas analóxicas. A conexión realízase utilizando un modem.
    Liñas dixitais. A información envíase codificada dixitalmente.
    A máis coñecida é a ADSL.

    Cable. Ten características similares á ADSL pero utilízase un cable de fibra óptica.

    Telefonía móbil. O acceso a internet é posible a través de diversas xeracións para a conexión con teléfonos, PDA, ordenadores portátiles, etc.
    A tecnoloxía móbil evolucionou.
    Os móbiles de cuarta xeración son capaces de ofrecer aos usuarios prestacións e servizos similares aos ordenadores.

    Vía satélite. Permite dar cobertura a zonas onde non pode chegar o cable e é a base da televisón integrada dixital.

    Rede eléctrica. aprovéitanse as liñas eléctricas para transmitir datos á alta velocidade.
  • Ancho de banda é a velocidade de transmisión de datos.               Kbps Kilobits por segundo.                                                                                                                                      Mbps Megabits por segundo.                                                                                                      Gbps Gigabits por segundo.

jueves, 9 de febrero de 2012

6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES  
  • Dispositivos móbiles.
    Ordenador portátil
    Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inalámbricas han levado cada vede máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estes dispositivos caracterízanse por se móbiles, polo que as posibilidades que ofrecen son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, músicas, vídeos... en calquera lugar.
    Entre os dispositivos móbiles inclúense:
    -Computadores portátiles
    -Dispositivos de man(handheld), como teléfonos móbiles, asistentes persoais(PDA), gps,...
    -Dispositivos que se poden levar postos, como os reloxos dixitais con funcións similares ás da PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores...
    -Dispositivos inseridos en aparellos, como vehículos, electrodomésticos...
    A facilidade de transporte de moitos destes dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse adecuadamente a redes en diferentes lugares, fai posible a computación móbil ubicua.
  • Computación móbil e oblicua.
    GPS
    Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos da súa contorna habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a Internet ou incuso á súa intranet (de casa ou do) desde calquera lugar e poidan imprimir utilizando a impresora máis próxima.
    unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa conexión fácil á rede local mediante ligazóns inalámbricas que poden manterse aínda que haxa movemento.
    Un dispositivo colocado nunha nova contorna se re configura automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país.
    Computación ubicua é a integración da informática na contorna dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir incluso un aviso cando a lavadora termina.
  • Tipos de conexión inarámica.                                                    A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inalámbricas(wirelesss networks). Existen diversas tecnoloxías de
    comunicación inalámbricas. Algunhas das máis utilizadas son:
    redes WIFI, son redes de área local inalámbricas para a conexión de ordenadores.
    Redes WIMAX, son redes de área metropolitana(un 50km)que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
    Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre se, sen necesidade de dispor un punto de acceso que xestione a centralización das comunicacións inalámbricas de rede.
    Comunicación WAP,para comunicacións inalámbricas por telefonía móbil.
    USB

    Redes por infravermellos(IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre se, usando ondas infravermellas.
    BlueTooth, utilízase para conexión inalambricas de curto alcance(10m). Esta tecnoloxía inclúena diversos dispositivos como iPOD, móbiles... para intercambiar información
  • Blackberry
  • Adaptadores USB. Para converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB.
  • Blackberry. É un dispositivo handheld inarámico co que se poden utilizar os servizos co correo electrónico, telefonía móbil ,SMS, navegación web e outros servizos de información inarámica.
  • 5 fotos sobre o tema. 
  • 1 texto con ligazón.