viernes, 4 de mayo de 2012

A sociedade da información

Alfabetización dixital
A aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación supuxo a creación, en breve espazo de de tempo, de novos medios de acceso á información, como internet ou a telefonía móbil. Como eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicación.
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos. 

Aspectos positivos e negativos da sociedade da información

As tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e a organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.

É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.


A importancia da veracidade da información 

A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade. 

Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal
É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de compresión lectora se está debilitando de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo.

Deterioración dalgunhas habilidades

Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.
 

  •  Unha sociedade da información é aquela na cal as tecnoloxías que facilitan a creación, distribución e manipulación da información xogan un papel importante nas actividades sociais, culturais e económicas.
  • A sociedade da información é vista como a sucesora da sociedade industrial.
  • Non obstante, a concepción actual do que se entende por sociedade da información é influxo da obra do sociólogo xaponés Yoneji Masuda, quen en 1981 publicou ' (Editorial World Future Society, Colombia), traducido ao castelán en 1984 como La sociedade informatizada como sociedade post-industrial"                                                         (Madrid, ed.Fundesco-Tecnos).