- Compartir recursos en Windows. Para poder compartir os recursos da rede é necesario que a configuración da rede de área local estea activada a casa Compartir impresoras e arquivos.
Compartir carpetas e discos
1. Pulsar o botón dereito dereito sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. Seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
- Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
- Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios fagan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica ás carpetas compartidas. - Compartir impresoras. No equipo con impresora
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Pulsar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Cmpartir impresora.
4. Premer en Aplicar e Aceptar.
5. Visualizarase o icono.
No resto de equipos
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que iniciar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
3. Visualizarase o icono. - Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos. É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
- 1 vídeo sobre o tema
- 1 texto con ligazón.
martes, 24 de enero de 2012
5. COMPARTIR RECURSOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario