Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos a lárgao da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este último tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de convencións que determina como se realizará o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente protocolo, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmision Control Protocol) e ao protocolo de internet (Internet Protocol).
Novas posibilidades que ofrece internet.
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:Internet é un aenorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai necesario distinguir entre a información válida e veraz da que non o é.
A rede hoxe en día é unha gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, ppodemos comprar e vender todo tipo de produtos (un billete de avión, accións dunha grande empresa, obxectos de seunda man, etc.)
As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión. Unha das maiores vantaxes de como está construído internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear se propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
A posibilidade de que un equipo de médicos poida poida discutir en tempo real, a través de internet, o diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar as súas radiografías e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
Os investigadores e entidades participantes no Proxecto Xenoma Humano poden transferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopios localizados en diferentes partes do mundo.
1966Durante a Guerra Fría, e baixo o control do Departamento de Defensa dos EUA, comeza a desenvolverse o proxecto ARPANET. O seu obxectivo era idear un sistema mediante o que, no ipotético caso de que un ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS, se puidese ter acceso á información militar dende calquera punto do país. A solución era unha rede composta de ordenadores na que todos os nodos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao tráfico entre os outros.
1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a
primeira rede ARPANET.1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET, chegando a ser máis de 200 en 1981.
As conexións ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares, universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ou proporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou a rede ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telnet), a transferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se converteu nunha das aplicacións máis utilizadas.
1883
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET. Paralelamente, a parte militar de ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.
1989
Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha malla mundial entre moitas situacións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores superaban os 100000.Tim Berners-Lee, investigador do CERN, desenvolve un sistema de comunicació baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da Word Wide Web.
1992
O crecemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gophers.
1993
Aparecen os primeiros navegadores web.
Dende este momento e ata a data creáronse infinidade de aplicacións que permitan enviar, recibir, clasificar e xestionar o correo electrónico, así como outras formas de intercambio de información sobradamente coñecidas, que fan da sociedade da información e a comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario