jueves, 14 de junio de 2012

Traballo colaborador. BSCW e RSS

BSCW
  
BSCW ( Basic Suport for Collaborative Work: soporte básico para traballo colaborador ), é unha ferramenta que permite crear na web un espazo de traballo compartido, onde poder desenvolver e manter almacenados proxectos de forma totalmente fiable e segura, dende distintas plataformas ( Windows, Linux, Unix,... ).
Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son:
Permite crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo.
As áreas de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente os membros rexistrados.
Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servizo e non nos ordenadores locais.
A información contida no BSCW pódese ler e modificar.
 
Para poder utilizar BSCW requírese unicamente dispoñer dunha dirección de correo electrónico POP3 para rexistrarse como usuario, un navegador de internet e ser invitado por un grupo de traballo para participar con el. Xeralmente, os espazos BSCW utilízanse en foros universitarios ou de investigación.
Para iniciarse no manexo dos BSCW, Rede Iris ofrece un acceso público a un deles. Para acceder a el, teremos que:
1. Abrir o navegador e conectar coa dirección:
http://cvu.rediris.es/pub/bscw.cgi/0/21
2. Facer clic sobre unha das carpetas, como por exemplo, Aprendizaxe, e sobre o nome dun dos documentos que se mostrarán dentro, para visualizalo.
 
En cada unha das áreas de traballo, e dependendo do sofware utilizado para a súa creación, dispoñeremos de botóns para realizar as operacións básicas, como editar un documento, modificalo, volver publicalo, crear unha carpeta, etc. 
RSS 
RSS son as siglas de Really Simple Syndication, o que poderiamos traducir ao castelán como redifusión web, e consiste en publicar artigos simultáneamente en diferentes medios a través dunha fonte común: é dicir, é unha forma de ofrecer os contidos para que calquera

No hay comentarios:

Publicar un comentario